
Paula Pintos vén falarnos da súa mirada particular acerca do canto e da voz, que vai dende o interese nos cantos de tradición oral á voz como ferramenta de experimentación e creación. É no territorio terapéutico e artístico onde se centra o seu campo de investigación e traballo en concreto en como a dimensión sonora da existencia pode tocar capas profundas da nosa identidade, memoria e emoción. Que espazo interno vén cubrir o canto? que información pode darnos a melodía dun relato? A música e o canto vén formando parte da súa vida dende nena, como tamén a súa inclinación por comprender e descifrar os procesos humanos. Paula vén cantarnos e a contarnos de como estes eixos: a voz, o son, a palabra e escoita converxen no seu labor como psicóloga e artista.



